Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

21 oct. 2013

OS DE 5 XA TEMOS CARNÉ DE BIBLIOTECA!!!!!

O pasado venres os alumnos de 5 anos visitamos a nosa biblioteca para poder levar á casa un libro por primeira vez. Estabamos moi emocionados co noso novo carné no que figura o nome do cole, o noso nome e un número de lector. Cada quen elixiu o libro que lle pareceu máis interesante e non nos chegaba a hora de marchar para casa co noso libro e poder amosarllo á familia. Algúns libros son só para mirar, outros poderemos lelos nós mesmos e outros son para que nolo conte un maior.... pero todos son MARABILLOSOS!
Temos moitos días para miralos na casa, pero antes do seguinte VENRES teremos que devolvelo á biblioteca para poder levar outro novo libro.
Todos fixemos a promesa de coidar os libros con esmero, non mollalos, nin manchalos, nin rompelos, nin estropealos, ....


1 comentario:

Rosa Lopez dijo...

Paloma está encantada con su carnet!ya es mayor como su hermana! :)