Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

30 may. 2013

RISAS CON ANXO MOURE :)

Os nenos e nenas de infantil tivemos onte una visita moi especial, xa que se achegou ata a nosa biblioteca o escritor Anxo Moure e  nos fixo rir e participar nos seus contos. Xa nos tiñan contado as profes o seu conto "Un carballo con botas," que temos na biblioteca, pero a súa presencia fixo que fora moito máis divertido. En dous turnos disfrutamos deste contacontos tan peculiar.

















 

26 may. 2013

¡DEZ PIRATAS!
Esta semana os rapaces e rapazas do 2º ciclo participaron nunha actividade de animación á lectura sobre o libro " Dez piratas" de Gloria Sánchez.
Para mostra estas fotos.

21 may. 2013

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixo unha pequena mostra do marabilloso festival que organizamos entre todos. Moitas grazas a todos e cada un de vós pola vosa participación.
SODES UNS GRANDES ARTISTAS!!!


18 may. 2013

RECIBIMOS A VISITA DE MARCOS CALVEIRO
O mércores estivo cos rapaces e rapazas do 3º ciclo Marcos Calveiro, autor de Palabras de auga.
Falaron con el das razóns que o levaron a escribir esta novela, de Jala, de Amadou, do Boma, das pedras negras, dos nenos soldados e sobre todo da situación actual dos países africanos.
GRACIAS POLA TÚA VISITA!








8 may. 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Como xa sabedes este ano 2013 a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño.
Se queredes saber máis cousas sobre el, a súa vida, súa obra literaria, outros traballos que desempeñou... só tedes que clicar en cada unha das imaxes que aparecen a continuación.

Actividades elaboradas polo Seminario Galán

Recursos de distintos Colexios galegos

Actividades e recursos da SXPL


Páxina oficial sobre Roberto Vidal Bolaño


6 may. 2013

OS MÁIS BUSCADOS NA BIBLIOTECA
Un mes máis estes son os vosos libros preferidos da biblioteca.
recordade que se non encontrades algún libro na biblioteca podedes solicitalo









                                                                                                                                                                    
.