Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

18 dic. 2013

CONTACONTOS



Hoxe na biblioteca tivemos una sesión de contacontos a cargo dun grupo de alumnos de 6º.
Contáronnos o conto "O primeiro Nadal dos animais", e por fin descobrimos porque hai uns días que temos o cole cheo de debuxos de animais co traxe de Papá Noel....

17 dic. 2013

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL




9 dic. 2013

QUE SERÁ, SERÁ .....?

Están aparecendo polas paredes do cole unas figuras un tanto estranas ......

.... vistes un gato cun dente dourado?
.... ou unha toupa cun paquete nas mans?
.... ou tal vez un peixe vermello?


 ....alguén sabe a que se debe a visita destes e outros animais?


E todos co traxe de PAPÁ NOEL .... que misterio!

4 nov. 2013

TEMPO DE OUTONO ....

Dende o Equipo de Biblioteca do cole queremos facer unha recopilación de DITOS, REFRÁNS, POESÍAS e ADIVIÑAS relacionadas co tempo do OUTONO, para o que pedimos a vosa colaboración. Podedes escribilos nun folio e que os nen@s decoren ou que sexan eles mesmos os que os escriban....
Con todos eles faremos un libro que pasará a formar parte do fondo da biblioteca do cole e estará dispoñible para todos.



ANIMÁDEVOS!!!!!!

Entregádellelos aos titores antes de que remate o mes de novembro. Graciñas.

 
SAMAÍN

Durante esta semana celebraremos no colexio o Samaín.
Animádevos a traer as vosas cabazas! Expoñerémolas no corredor da entrada do colexio.
Ademais o Equipo de dinamización da lingua galega elaborou para vós un díptico con un pouco de historia sobre o Samaín e un listado de libros que atoparedes na biblioteca sobre este mesmo tema. Aquí vos deixo unha copia.




21 oct. 2013

OS DE 5 XA TEMOS CARNÉ DE BIBLIOTECA!!!!!

O pasado venres os alumnos de 5 anos visitamos a nosa biblioteca para poder levar á casa un libro por primeira vez. Estabamos moi emocionados co noso novo carné no que figura o nome do cole, o noso nome e un número de lector. Cada quen elixiu o libro que lle pareceu máis interesante e non nos chegaba a hora de marchar para casa co noso libro e poder amosarllo á familia. Algúns libros son só para mirar, outros poderemos lelos nós mesmos e outros son para que nolo conte un maior.... pero todos son MARABILLOSOS!
Temos moitos días para miralos na casa, pero antes do seguinte VENRES teremos que devolvelo á biblioteca para poder levar outro novo libro.
Todos fixemos a promesa de coidar os libros con esmero, non mollalos, nin manchalos, nin rompelos, nin estropealos, ....


19 jun. 2013

O CONTO VIAXEIRO 
XA REMATAMOS O CONTO VIAXEIRO! 
PASOU POR TODAS AS AULAS DE PRIMARIA E PRONTO PODEREDES GOZAR CON EL NA BIBLIOTECA DO COLE. 
MOITAS GRAZAS A TODOS POR COLABORAR NESTA ACTIVIDADE!

























GUÍA DE LECTURA DE VERÁN


30 may. 2013

RISAS CON ANXO MOURE :)

Os nenos e nenas de infantil tivemos onte una visita moi especial, xa que se achegou ata a nosa biblioteca o escritor Anxo Moure e  nos fixo rir e participar nos seus contos. Xa nos tiñan contado as profes o seu conto "Un carballo con botas," que temos na biblioteca, pero a súa presencia fixo que fora moito máis divertido. En dous turnos disfrutamos deste contacontos tan peculiar.

















 

26 may. 2013

¡DEZ PIRATAS!
Esta semana os rapaces e rapazas do 2º ciclo participaron nunha actividade de animación á lectura sobre o libro " Dez piratas" de Gloria Sánchez.
Para mostra estas fotos.

21 may. 2013

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixo unha pequena mostra do marabilloso festival que organizamos entre todos. Moitas grazas a todos e cada un de vós pola vosa participación.
SODES UNS GRANDES ARTISTAS!!!


18 may. 2013

RECIBIMOS A VISITA DE MARCOS CALVEIRO
O mércores estivo cos rapaces e rapazas do 3º ciclo Marcos Calveiro, autor de Palabras de auga.
Falaron con el das razóns que o levaron a escribir esta novela, de Jala, de Amadou, do Boma, das pedras negras, dos nenos soldados e sobre todo da situación actual dos países africanos.
GRACIAS POLA TÚA VISITA!








8 may. 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Como xa sabedes este ano 2013 a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño.
Se queredes saber máis cousas sobre el, a súa vida, súa obra literaria, outros traballos que desempeñou... só tedes que clicar en cada unha das imaxes que aparecen a continuación.

Actividades elaboradas polo Seminario Galán

Recursos de distintos Colexios galegos

Actividades e recursos da SXPL


Páxina oficial sobre Roberto Vidal Bolaño


6 may. 2013

OS MÁIS BUSCADOS NA BIBLIOTECA
Un mes máis estes son os vosos libros preferidos da biblioteca.
recordade que se non encontrades algún libro na biblioteca podedes solicitalo









                                                                                                                                                                    
.