Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

21 nov. 2012

TRABALLOS 1º TRIMESTRE curso 2012-2013

Xa estamos a funcionar a pleno rendemento neste curso escolar e dende os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística temos diferentes propostas para traballar nas distintas etapas educativas.
  • Xa están por ahí as MOCHILAS VIAXEIRAS que pasarán unha semana na casa de cada alumn@ de 6º de infantil e 1º de primaria para que toda a familia disfrute dunha mostra do que hai na biblioteca do cole.
  • Temos pendiente de elección aos gañadores dos marcapáxinas realizados para conmemorar o Día da Bilioteca (24 de outubro) que tiñan como tema AS OLIMPIADAS. Vai ser difícil porque hai moito nivel, xa veredes o resultado polo nadal cando, coma todos os anos, o leven para casa. 
  • Rematou con moitísimo éxito de participación o CONCURSO DE CABAZAS celebrado polo Samaín do que faremos a entrega de premios no festival do Nadal.
  • Estamos a recoller RECEITAS DE COCIÑA relacionadas co tempo de outono, xa temos moitas, pero aínda podedes participar, ata o 5 de decembro, coas que faremos un grande libro que formará parte dos nosos fondos e poderedes consultar.
  • Comezamos tamén a elaboración nas aulas de un LIBRO VIAXEIRO no que, entre todo o alumnado, inventaremos unha historia da que seremos os verdadeiros autores e ilustradores. Pasará por todas as aulas dende 6º curso ata os máis pequenos e tod@s contribuiremos na medida das nosas posiblidades. Tamén pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
  • E, coma xa é costume, estamos a elaborar unha GUÍA DE LECTURA con moitos libros interesantes e novidades para entregar antes das vacacións do Nadal, porque tamén é importante que nas cartas navideñas non esquezamos facer algunha petición de libros.
Como vedes temos traballo abondo .....

No hay comentarios: