Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

28 dic. 2012

¿QUEREDES SABER CALES SON OS LIBROS CON MÁIS ÉXITO DO MES DE DECEMBRO?

Como xa sabedes mes a mes informámosvos de que libros son os que máis vos gusta levar prestados da biblioteca.

Os elexidos deste mes de decembro foron os seguintes:







21 dic. 2012

ENTREGA DE PREMIOS

Ola a todos, aquí vos deixo unhas fotos da entrega de premios do Concurso de Cabazas e de Marcapáxinas.

Aos integrantes do xurado resultounos moi dificil decidir os gañadores xa que todos os traballos eran dunha gran calidade.

Moitas gracias a todos e todas por participar e 
¡PARABENS AOS GAÑADORES!






15 dic. 2012

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Xa temos escollidos os gañadores e gañadoras do concurso de marcapáxinas que realizamos para conmemorar o día da BIBLIOTECA. Coma en anos anteriores hai un premio por aula ademais de un gañador na categoria de infantil e outro na de primaria que serán os que se impriman:
 
 

PARABÉNS A TOD@S OS PARTICIPANTES!!!!!

Relación de gañadores
3 anos A: Xoel Varela Calvo
3 anos B: Daniela Vega Prior
4 anos A: Ledicia Paz Fernández
4 anos B: Ainara Tojo Taboada
5 anos A: Malva Castro Pita
5 anos B: Ángela Varela-García Fernández
1º A: Laura Fernández Rodríguez
1º B: Mónica Antelo Barral
2º A: Nerea Lema Chans
2º B: Lucía Rodríguez Soto
3º A: Germán González Souto
3º B: Manuel Ríos Rodríguez
4º A: Lucía González Loren
4º B: Patricia Mosquera Aranguren
5º A: Jonathan Furtado
5º B: Cristian Mirón Vázquez
6º A: Génesis Rodríguez Rivas
6º B:Antía López Rodríguez

video

3 dic. 2012

OS MELLORES LECTORES

Durante o mes de Novenbro os alumnos/as que máis libros leron da biblioteca foron:

  • Sofía Pérez Machado
  • Alejandra Seoane Vilariño
  • Tatiana Rodríguez Otoño
  • Aitor Mato Rey
  • Laura Fernández Rodríguez
¡Felicidades aos cinco!
OS LIBROS MÁIS EMPRESTADOS

¿Queredes saber cales son os libros que tiveron máis éxito na nosa biblioteca durante o mes de novembro?. Estes son os títulos que máis vos gustan.

  • Un amor de botón.
  • El tesoro perdido de la ciudad sumergida.
  • El grillo silencioso.
  • ABC, mi primer abecedario animal.
  • Atlas visual de los dinosaurios.
  • Mi ciudad.


27 nov. 2012

COMEZANDO A ESCRIBIR ...

Os nenos e nenas de 5 anos están avanzando moito na aprendizaxe da lectoescritura e están a participar entusiasmados na actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS que están a percorrer cada un dos seus fogares. Ahí van uns exemplos:




 
 

21 nov. 2012

TRABALLOS 1º TRIMESTRE curso 2012-2013

Xa estamos a funcionar a pleno rendemento neste curso escolar e dende os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística temos diferentes propostas para traballar nas distintas etapas educativas.
  • Xa están por ahí as MOCHILAS VIAXEIRAS que pasarán unha semana na casa de cada alumn@ de 6º de infantil e 1º de primaria para que toda a familia disfrute dunha mostra do que hai na biblioteca do cole.
  • Temos pendiente de elección aos gañadores dos marcapáxinas realizados para conmemorar o Día da Bilioteca (24 de outubro) que tiñan como tema AS OLIMPIADAS. Vai ser difícil porque hai moito nivel, xa veredes o resultado polo nadal cando, coma todos os anos, o leven para casa. 
  • Rematou con moitísimo éxito de participación o CONCURSO DE CABAZAS celebrado polo Samaín do que faremos a entrega de premios no festival do Nadal.
  • Estamos a recoller RECEITAS DE COCIÑA relacionadas co tempo de outono, xa temos moitas, pero aínda podedes participar, ata o 5 de decembro, coas que faremos un grande libro que formará parte dos nosos fondos e poderedes consultar.
  • Comezamos tamén a elaboración nas aulas de un LIBRO VIAXEIRO no que, entre todo o alumnado, inventaremos unha historia da que seremos os verdadeiros autores e ilustradores. Pasará por todas as aulas dende 6º curso ata os máis pequenos e tod@s contribuiremos na medida das nosas posiblidades. Tamén pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
  • E, coma xa é costume, estamos a elaborar unha GUÍA DE LECTURA con moitos libros interesantes e novidades para entregar antes das vacacións do Nadal, porque tamén é importante que nas cartas navideñas non esquezamos facer algunha petición de libros.
Como vedes temos traballo abondo .....

31 oct. 2012

CORRE, CORRE, CABACIÑA




Un grupo de nenos e nenas de 6º de primaria fixo unha representación do conto "Corre, corre, cabaciña" de Eva Mejuto para o alumnado de infantil e algúns cursos de primaria. Fixerónno relamente ben e o público aplaudiu entusiasmado a súa actuación.
Os que puidemos desfrutalo esperamos que se animen repetir a experiencia! Graciñas.