Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

1 oct. 2011

Benvidos e benvidas

Levamos xa uns días de clase no novo curso que acaba de comezar e esperamos con ilusión a apertura da Biblioteca.
O momento está a piques de escomezar,o próximo día 3 xa podemos solicitar o préstamo de libros. Como todos os anos, será nos tempos dos recreos.

Recorda:
  • Calquer día da semana poderás levar un libro, revista, CD-rom, CDs de Música ou DVD de tipo informativo en préstamo.

  • Os DVDs de ficción poderán levarse tan só os luns e os venres.

  • O tempo de empréstito é de 15 días para os libros, 7 para as revistas e 4 para os DVD e CDs.
Benvid@s!!!

No hay comentarios: