Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

6 may. 2011

Xornadas de poesía, 1º Ciclo

Os alumnos do 1º Ciclo estiveron hoxe na biblioteca nunha xornada adicada á poesía.

Os alumnos de 1º A recitaron poesías do libro "Polas rúas dos versos", de Ana Mª fernández.

Os de 2º A, unhas poesías sobre animais moi simpáticas; aproveitaron as súas letras para cantalas.

Os de 2º B, recitaron poesías compostas por eles mesmos, que logo formarán parte do libro de poesía realizado por alumnos do colexio durante este curso.


No hay comentarios: