Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

3 abr. 2011

Concurso: Adiviña qué conto

Esta semana comenza o concurso: Adiviña qué conto.

Estas son as bases do concurso:


Ø     Propoñerase unha adiviña cada semana que será publicada cada martes.

Ø     A resposta corresponderá ao título sobre un conto clásico.

Ø     Só poderán participar  os alumnos de 1º e 2º curso de primaria.

Ø     As respostas deberán escribirse nun papel que se repartirá durante os recreos ao longo da semana.

Ø     Coa resposta figurará tamén o nome, apelidos e curso do participante.

Ø     Só se pode dar unha solución por alumno.

Ø     As respostas introduciranse nunha caixa que estará á entrada da biblioteca.

Ø     Ata o venres de cada semana poderase dar a resposta á adiviña desa semana.

O alumno ou alumna que acerte máis adiviñas será o gañador do concurso.



Aproveita para ler moitos libros sobre contos clásicos. Canto máis leas, máis acertarás!!!

No hay comentarios: