Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

27 nov. 2010

Resolución do concurso de marcapáxinas

Houbo moita participación e coma sempre moita valía nas produccións. Dos seleccionados por curso saíu gañador o de Carmen Seoane Rodríguez, de 6º B.

Noraboa a tódolos participantes e, en especial, a Carmen!



10 nov. 2010

Gañadores do concurso de cabazas

Estas foron as cabazas gañadoras.




E estes os gañadores.


28 oct. 2010

Concurso de cabazas

Neste Samaín os alumnos do colexio estanse esmerando. Cada día aumenta o número de cabazas expostas. Ao xurado váille custar moito elixir as cabazas gañadoras.





Parabéns a todos os participantes!!

18 oct. 2010

O Samaín: Concurso de cabazas

Para celebrar o Samaín, organízase no colexio un concurso de cabazas. Os días 27, 28 e 29 de novembro haberá unha exposición na entrada da biblioteca.


Anímate e presenta a túa cabaza.

Na entrada á biblioteca podes atopar tres cestas con libros relacionados co tema do medo. Podes levalos en préstamo. Tan só tes que collelos e presentalos na biblioteca co teu carné no horario do recreo.

A biblioteca xa está preparada para que "morras co medo"...


















Os libros de medo espérante... ¡Atrévete con eles!!!





Durante os días 27, 28 e 29 haberá unha exposición coas cabazas que se presenten ao concurso.

Participa!!

12 oct. 2010

Concurso de marcapáxinas

Como todos estes últimos anos, para celebrar o Día da biblioteca, haberá un concurso de marcapáxinas.

Este ano esta adicado ao tema do medo...

Participa!!!!!!!!

Aquí podes atopar as bases do concurso.

29 sept. 2010

Curso 2010-2011, comezamos as actividades

Estas son actividades para o novo curso que comeza. Pouco a pouco iremos desenvolvendo cada unha das actividades, pero como primicia aquí tedes un cadro-resumo de todas as que haberá ao longo do curso escolar.


Os equipos de biblioteca, dinamización lingüística e actividades extraescolares únense para traballar durante todo o curso nas distintas actividades que terán lugar durante este ano escolar. Esperamos que sexan do voso agrado.

19 jun. 2010

Traballos do Concurso "Arte con alimentos, alimentos con arte"

Dado que os traballos foron todos moi bos, ao
xurado non lle foi posible chegar a un acordo para obter un só premio gañador e decidíu dar premios aos mellores.

¡¡Noraboa a tódolos participantes!!

Estes foros os gañadores e os seus traballos:


28 may. 2010

Concurso de fotografía e artes plásticas: Arte con alimentos, alimentos con arte.

¡¡ Participa !!



Pode concursar calquer membro da Comunidade Educativa.

Os traballos poden ser:

  • fotografías de composición de alimentos, como as que están na exposición.
  • traballos plásticos realizados con alimentos que perduran no tempo (cáscaras de noces, grans de café, fabas, pastas, semillas...).
  • traballos plásticos realizados con alimentos que perduran durante algún tempo (cabaza, pepinos, calabacíns, ...).
A data límite de entrega será o 16 de xuño.

Os traballos expoñeranse na entrada do colexio.

20 may. 2010

Mapa Gastronómico

Os alumnos do terceiro ciclo realizaron o "Mapa Gastronómico de Galicia". Nel aparecen reflectidas algunhas das moitas festas gastronómicas de Galicia.

Para coñecer mellor os lugares onde se celebran, os alumnos de 5º e 6º, buscaron información xeográfica, artística, paisaxística,... e, por grupos, elaboraron uns pequenos dossieres. Ademais engadiron receitas típicas da zona e información nutritiva acerca dos alimentos.

Noraboa polos traballos!!

13 may. 2010

IV Festival do Conto



Hoxe celebramos no cole o día das Letras galegas coa realización do IV Festival do Conto. Houbo cancións, poesías, obras de teatro, títeres, contacontos, ...

Os alumnos de 6º déronnos un clase maxistral axudados do Power Point para coñecer a vida e obra de Uxío Novoneyra e alumnos doutros cursos déronnos a coñecer a súa poesía recitándoa de viva voz.
Rematamos cantando todos xuntos o himno galego.

Un festival cheo de alegría, emoción e moito encanto...


Aquí tedes o programa.






Se queredes ver as fotos pinchade aquí. Aparecen na páxina de inicio da web do cole.


3 may. 2010

Cultura gastronómica

Durante este curso o tema de fomento de lectura estivo adicado á Cultura Gastronómica.

O noso obxectivo: Adentrarse no coñecemento da gastronomía galega para adquirir unha cultura máis ampla da nosa Comunidade a través dun aspecto fundamental que caracteriza aos pobos e ás culturas como é a gastonomía.

Realizáronse distintas actividades:

Concurso de adiviñas sobre alimentos para o segundo ciclo.


O mapa gastronómico galego, un mapa da Comunidade de Galicia onde se sinalizaron algunhas festas populares típicas da nosa Comunidade, realizádonse ademais libriños cun estudo sinxelo acerca do prato, alimento ou festa.















Exposición de libros relacionados co tema.


Un refraneiro popular sobre alimentos.



A pirámide dos alimentos.


Exposición do proceso de elaboración dalgúns alimentos.


As normas da mesa.

Arte con alimentos, alimentos con arte: Exposición de láminas relacionadas co tema
.

Concurso de fotografía e artes plásticas: Relacionado con alimentos.


29 abr. 2010

Xa temos gañador do concurso de adiviñas

Despois de 12 semanas de xogo, chegamos ao remate.

Foron moitos os participantes do 1º ciclo de primaria. Todos eles conseguiron moitos puntos, pero sen obter ningún a puntuación máxima, 12 puntos. Semana tras semana todos loitaron con entusiasmo por conseguir alcanzar un mellor posto.

E o gañador, cun total de 11 puntos, foi...




María Mesías Botana, de 1º B.


¡¡ Noraboa, María!!

¡Noraboa a todos os participantes pola vosa tenacidade e polo voso empeño!

Foi unha experiencia divertida e moi enriquecedora.

19 abr. 2010

Adiviña 12


Pollo con música soy...

cuando con la nota RE,
estoy.


12 abr. 2010

Adiviña 11



Pérez anda
y Gil camina.
Tonto es quien
no lo adivina.

6 abr. 2010

Adiviña 10



En China está
e no pucheiro tamén.

Se che digo que é branco,
dime que é.

21 mar. 2010

Adiviña 9


Teño dentes
e non moas,
teño cabeza
e non pés.

Anque dures cen mil anos,
non sabes que cousa é.

10 mar. 2010

Adiviña 8


Pa ella,

pa él,

encima del mantel.

8 mar. 2010

Adiviña 7


Por abril,
cóllea polo rabo e déixaa ir;

Por maio,
ásaa no borrallo,

e por San Xoán,
xa molla o pan.

1 mar. 2010

Adiviña 6



Si la quieres
encontrar...

... en camiseta
la debes
buscar.


18 feb. 2010

Adiviña 5


¿Qué es algo
y nada a la vez?
Si cambias "v" por "p",
ya lo ves.

8 feb. 2010

Adiviña 4


Agora voulle cantar
partindo dos meus amores,
dígame, ¿qué é un doce,
tirado por varias flores?

1 feb. 2010

Adiviña 3


Amarela, verde e branca,
a tentación da formiga,
espera, e vaino pensando,
se queres que eu cho diga.

25 ene. 2010

Adiviña 2


Alto me vin
baixo me vexo
e aló arriba
quedoume o pelexo.



18 ene. 2010

Adiviña 1


Una cajita chiquita
blanca como la cal
todos la saben abrir
nadie la sabe cerrar.

13 ene. 2010

Concurso de adiviñas

¡¡ Participa !!


Comezamos o concurso de adiviñas para o primeiro ciclo de primaria.

  • Propoñerase unha adiviña cada semana.

  • As respostas estarán relacionadas cos alimentos.

  • Só poderán participar os alumnos de 1º e 2º curso de primaria.

  • As respostas deberán escribirse nun papel que se repartirá durante os recreos ao longo da semana.

  • Coa resposta figurará tamén o nome, apelidos e curso do participante.

  • Só se pode dar unha solución por alumno.

  • As respostas introduciranse nunha caixa que estará á entrada da biblioteca.

  • Ata o venres de cada semana poderase dar a resposta á adiviña desa semana.

  • O alumno ou alumna que acerte máis adiviñas será o gañador do concurso.

Os comentarios recibidos con respecto ás solucións das adiviñas só se publicarán a partir do venres de cada semana e non entrarán a concurso.