Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

22 oct. 2009

As bibliotecas máis bonitas do mundo

Celébrase o día da Biblioteca o 24 de outubro. Nós celebrarémolo o día 23 xa que o propio día coincide en sábado. Para celebralo, na biblioteca temos preparado unha presentación en power point das bibliotecas máis fermosas do mundo. Poderedes visualizala durante o recreo, ao mesmo tempo que podedes facer os préstamos.

20 oct. 2009

Día da biblioteca, concurso de marcapáxinas




Con motivo do Día da Biblioteca, 24 de outubro, propoñémosche a realización dun marcador de lectura:

O principal obxectivo é a invitación á lectura e, como este ano trataremos como tema de fomento da lectura a cultura gastronómica, podes inventar un lema relacionado cos alimentos e a vida saudable.

Se queres participar, solicita na biblioteca ou ao titor/a, un formato para a realización do mesmo.

Só poderá entregarse un traballo por persoa.

Poderanse incluír debuxos, poemas, caricaturas, palabras, … que teñan relación coa cultura gastronómica, os alimentos, ...

A técnica a utilizar é libre.

O prazo de presentación finalizará o 10 de novembro.

O teu nome e curso deberá figurar na parte de atrás do marcapáxinas. Non te esquezas de poñelo, do contrario non saberemos a quen pertence.

O traballo realizado deberás entregarllo ao titor/a.

Serán agasallados un alumno por nivel. De entre todos os finalistas elixirase un marcapáxinas gañador do concurso que, aparte dun premio especial, terá o honor de ser reproducido nunha imprenta para logo ser repartido entre todos os demais alumnos e profesores do colexio.

¡Feliz Día da Biblioteca!