Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

15 mar. 2009

Anahir Franco, de 6º B, gañadora no concurso "A túa farmacia"


Anahir Franco, de 6º B, foi a gañadora do concurso "A túa farmacia" organizado polo Colexio de Farmacéuticos de A Coruña na categoría de 6º de primaria a 2º da ESO.
Esta foi a súa aportación:


"A farmacia dos meus recordos"

Desde pequeniña recordo a farmacia do meu barrio como un lugar agradable.
As farmacéuticas que traballan nela son moi amables e moi boas conselleiras, pois teño ido algunhas veces, sen pasar antes polo médico, cun catarro de medo, e elas terme recomendado o xarope ou as pastillas máis axeitadas para o meu tipo de molestia.
A farmacia do meu barrio está situada en fronte á Avenida de Pablo Piccaso, ou o que é o mesmo, na rúa Casares Quiroga.
O interior da farmacia está moi ben ordenado, así como tamén moi ben aproveitado o espazo.
Na farmacia véndense moitos produtos, dende pastillas e xaropes ata xoguetes e leite artificial para os bebés e nenos máis pequechos. Isto último seino moi ben, porque teño un irmán de sete meses e ultimamente a farmacia é un dos sitios que máis visitamos meus pais e máis eu. Na farmacia, ademais de comprar medicamentos, podes ir medir a túa tensión e pesarte. Alí tamén se venden produtos de beleza para as máis coquetas ou coquetos.
Eu vou co meu avó á farmacia, normalmente, para acompañalo, aínda que tamén vou porque, de cando en vez, danme piruletas ou caramelos. As farmacéuticas, ou empregadas, coñécenme dende que era bebé. É a farmacia á que foron sempre os meus avós, pais e agora eu.
É a nosa farmacia de confianza, e para min, a mellor.
Parabéns!!

2 comentarios:

María Pintos Recarey dijo...

Os nenos do 1º ciclo do colexio de Santa Comba temos un agasallo para vos. Pasade a recollelo polo noso blogue.
Bicos dende Santa Comba.

Endora dijo...

Temos uns agasallos no noso blog, Felices lecturas.