Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

15 feb. 2009

San Valentín, unha boa ocasión para escribir


Na biblioteca ocurríusenos que esta data era un motivo para que os alumnos e alumnas do colexio escribisen poemas, contos ou cartas de amor. Como non, tamén era o momento de amosar os libros que falasen do amor e fixemos a nosa exposición no pasillo da entrada á biblioteca.


Houbo moita participación, tanta que será difícil mostrar todo o que se escribíu. Están expostos os poemas nos taboleiros do pasillo para que os poidades ler. Iremos mostrando, pouco a pouco, algúns deles no obradoiro de escritura.

No hay comentarios: