Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

24 oct. 2008

24 de outubro, Día da Biblioteca. Concurso de marca-páxinas

Os días 24 de outubro celébrase dende 1997 o Día da Biblioteca. Este ano a celebración ten lugar en Santiago de Compostela, ben preto de nós.
Coa celebración desta data quérese recordar a importancia deste servizo aos cidadáns.
No noso cole contamos cunha estupenda biblioteca, que estou de seguro, que todos os compoñentes da comunidade educativa sabemos valorar.

Velaquí o cartel conmemorativo deste ano.




Gustaríame mencionar unhas fermosas palabras de Agustín Fernández Paz, que nos poden servir para reflexionar neste día, que aparecen no tríptico dos actos conmemorativos e forman parte do pregón.

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA, HAI UNHA LUZ

ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito
onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos
desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate
levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca...

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as
súas páxinas...

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros,
unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás
súas vidas.



No noso colexio, como vimos realizando durante estos últimos anos, para celebrar este día, organizamos un Concurso de marcapáxinas.
Infórmate a través do teu titor/a ou na biblioteca.

¡Feliz día da Biblioteca!

No hay comentarios: