Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

14 jun. 2008

"Contamos coa Ciencia": As ilusións ópticas

Dentro do tema de fomento de lectura deste ano, "Contamos coa ciencia", tiñamos como un dos obxectivos neste último trimestre coñecer as ilusións ópticas a través dunha exposición.

Durante estas semanas que nos quedan estará exposta no taboleiro da entrada da biblioteca.

¿Que é unha ilusión óptica?

Calquer ilusión do sentido da vista que nos fai percibir a realidade erroneamente. Hai moitos tipos de ilusións ópticas.

Entender estes fenómenos é útil para comprender as limitacións do sentido visual do ser humano e a posibilidade de distorsión.



Moitos artistas aproveitan as ilusións ópticas para dar ás súas obras un aspecto máxico, de ambigüedade, profundidade...

O mesmo cine é unha ilusión óptica. Algúns alumnos do colexio puidérono comprobar cando construíron o zootropo e o taumatropo. Pódese ver, ao igual que nas películas, como unha serie de fotografías sucesivas dan apariencia de movemento.

Os efectos especiais do cine tamén están baseados nas ilusións ópticas.


Se queres ver máis ilusións ópticas pincha aquí.

Expuxemos tamén mans pintadas de animais salvaxes dunha colección estupenda que circula por Internet.

No hay comentarios: