Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

12 may. 2008

III Olimpíada do saber


Hoxe comezamos a III Olimpíada do saber. Un reto para un alto porcentaxe de alumnos de 4º a 6º que se inscribiron neste concurso onde se pon a proba a súa destreza na utilización das fontes de información, o seu inxenio, a súa inventiva e a súa capacidade de traballar en grupo.


O Concurso dura 3 semanas e consta das seguintes probas:


A PREGUNTA DO DÍA
· Cada día, de luns a xoves, publicarase unha pregunta.
· Os equipos terán 24 horas para respostala.
· Poderán consultar calquer libro. Os/as profesores/as non poderán resolverlles a pregunta.
· O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca, antes das 12.00 h do día seguinte á súa publicación, gañará 1 punto

O PREGUNTÓN DO VENRES
· Poñerase no taboleiro da biblioteca cada venres, ás 11: 30, e consistirá nun enigma que teredes que resolver antes das 12: 00 h. do martes seguinte.
· Os equipos que o resolvan no prazo previsto gañarán 5 puntos.
· Se non o acertan non se descontan puntos
· Cada venres un membro do equipo recollerá na biblioteca un folio co enigma.

O PISTA A PISTA
· Dura de luns a venres.
· Póñense en xogo 5 puntos.
· Cada día publicarase unha pista.
· Se acertas o primeiro día gañas a totalidade dos puntos pero a medida que se van dando pistas, por cada unha delas, descóntase 1 punto.
· Cada equipo pode responder unha vez por cada pista. A última resposta anula as anteriores.
· Se non se acerta non se restan puntos.

A APOSTA DA SEMANA
· Dura de luns a venres.
· Consistirá nunha pregunta de inxenio.
· Están en xogo 3 puntos.
· Se acertades a resposta sumades 3 puntos pero se a fallades restades 3 puntos.
Só será admitida unha resposta por equipo. Unha vez
dada a resposta non se admitirán máis.


No hay comentarios: