Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

5 may. 2008

Educación Infantil no Festival do Conto

Os alumnos de Educación Infantil de 4 anos participaron no festival con estas adiviñas:



Unha señoriña,
de carnes moi brandas
que sen estar enferma
está sempre na cama.

Empezo por "i"
remato por "a"
e pódesme ver
no medio do mar.

Te digo
e te repito
se non o acertas
non vales un pito.

Redondo, redondo
como a lúa
e podo bailalo
coa cintura.

Todos din que me queren
para facer boas xogadas
pero cando me teñen
andan comigo a patadas.

Aínda que teño patas
non me podo mover
levo a comida as costas
e non a podo comer.


Teño o corpo alongado,
en dúas cunchas colocado;
como non podo nadar
vivo nas rochas do mar
.

Teño orellas longas,
rabo pequeniño
corro e salto
moi lixeiriño.


Os alumnos de Educación Infanti de 5 anos cantaron marabillosamente estas cantigas:




Miña nai e maila túa,
van xuntas de romaría;
miña nai vai de mantón,
a túa vai de mantilla.

Aí veñen, aí veñen,
aí veñen, aí van
sardiñas fresquiñas
das tres da mañán
das tres da mañán (bis)
Aí veñen, aí veñen,
aí veñen, aí van

Rosiña anda descalza,
Rosiña porque quería;
da casa do carpinteiro,
Rosiña ben o sabía.

Aí veñen, aí veñen...

Arrimeime a un pino verde,
por ver se me consolaba;
o pino como era verde,
en vez de cantar choraba.


Aí veñen, aí veñen...

Miña Santa Margarida,
este ano aló non vou;
por falta de diñeiro,
moita xentiña quedou
.

Aí veñen, aí veñen...



No hay comentarios: