Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

27 may. 2008

Agustín Fernández Paz na nosa biblioteca

Os alumnos de 3º A, 4º e 5º estiveron hoxe na biblioteca do cole cun ilustre pero cercano e entrañable escritor galego, Agustín Fernández Paz. Un encontro marabilloso que durou algo máis de hora e media.

Agustín falóunos dos seus libros, de cómo xurdiron dunha forma sinxela no seu pensamento, a partires de momentos aparentemente sen ningunha trascendencia da vida cotiá pero que logo se convertiron en historias para contar... e trascenderon en moitos de nós.

Barruntou "A escola dos piratas" un día de chuvia, cando vendo como a auga petaba contra as paredes dun colexio en Vigo, cidade onde vive, ocorréuselle: "¿... e se a auga levase o colexio polas empinadas costas abaixo...?".

Contóunos cómo apareceron moitas outras historias que logo se verían reflexadas nos libros que escribíu e que están na nosa biblioteca. Comezou as historias, agora só falta que vós as rematedes lendo eses libros.

Amosóunos o truco infalible de cómo inventalas... ese truco que lle podía valer a aqueles rapaces e rapazas que non saben qué escribir cando teñen como traballo da escola compoñer unha historia. ¿Qué pasaría se...? Ese é o truco. ¿Qué pasaría se alguén se puidese levantar do chan polo aire...? Así foi como comezou "Cos pés no aire", un dos seus libros.

Ensinóunos a súa libreta de páxinas amarelas de papel satinado onde escribe os primeiros borradores dos seus libros... de corrido, sen pausa. Ao igual que auga corre polas canles, así esvara a súa man por ese papel amarelo e satinado cando escribe.....

Houbo tempo tamén para as preguntas e, como non, asinou os libros daqueles alumnos e alumnas que llo solicitaron e, por suposto, tamén o da biblioteca.



No hay comentarios: