Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

13 may. 2008

3º B no Festival do Conto

Os alumnos de 3º B recitaron uns "contos poéticos"

Había unha vez... (autora: Ana Mª Fernández)

Había unha vez dous ratos ratiños
que ían á cama durmir moi cansiños.

E aínda que o sono andaba a roldar,
querían un conto para ben soñar.

Marcharon saltando coma dous coellos
buscar quen contase un conto de vellos.

Pedíronlle así ao lobo lobato
que andaba no monte gastando o zapato.

-Non son eu conteiro nin o quero ser,
que aos meus lobatiños hei dar de comer.

E foron saltando coma dúas norias
buscar quen lle dese sabor a unha historia.

Pedíronlle así ao galo manchado
que andaba moi guapo co rabo emplumado.

-Non son eu quirico que saiba contar
pois teño o traballo de o sol espertar.

Pero os irmanciños, aínda que miúdos
sabían, ás veces, pedir moi teimudos.

E foron á présa nun puro brinquedo
buscar un contiño de risa ou de medo.

Pedíronlle así á vaca marela
que andaba pacendo na rica macela.

-A min non me importan nin falas nin berros
que vou cara á corte coidar os becerros.

E foron saltando, como nunca vistes,
buscar quen contase un conto de chistes.

Pedíronlle entón ao branco cabalo
que andaba no monte saltando o valado.

E dixo o cabalo de patas lixeiras:
-Deixádeme andar co vento ás carreiras.

Tan fartos , tan fartos ían de pedir,
que os ratos ratiños fóronse durmir.

E chegou o avó cun libro enmeigado,
contóulles un conto sabor de xeado,
xeado de nata inchado e celmoso,
aquel conto foi ¡o máis saboroso!




A cidade ( Autor: Manuel Fernández)

A cidade ten castelo
e muralla medieval
o museo ¡hai que velo!
e unha rúa principal.

Nos cruces e bocarrúas
hai un home ben plantado:
¡ o Señor Garda de Tráfico
moi teso e uniformado!

Sempre firme, brazo en alto,
brazo abaixo sinalando
os autos que están parados,
os autos que van andando.

O semáforo é un couso
medio garda, medio guía,
medio monstro, medio espía.

As árbores da cidade
non teñen contentamento:
¡respiran fume e non aire!
¡Por terra teñen cemento!!

No hay comentarios: