Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

27 may. 2008

Agustín Fernández Paz na nosa biblioteca

Os alumnos de 3º A, 4º e 5º estiveron hoxe na biblioteca do cole cun ilustre pero cercano e entrañable escritor galego, Agustín Fernández Paz. Un encontro marabilloso que durou algo máis de hora e media.

Agustín falóunos dos seus libros, de cómo xurdiron dunha forma sinxela no seu pensamento, a partires de momentos aparentemente sen ningunha trascendencia da vida cotiá pero que logo se convertiron en historias para contar... e trascenderon en moitos de nós.

Barruntou "A escola dos piratas" un día de chuvia, cando vendo como a auga petaba contra as paredes dun colexio en Vigo, cidade onde vive, ocorréuselle: "¿... e se a auga levase o colexio polas empinadas costas abaixo...?".

Contóunos cómo apareceron moitas outras historias que logo se verían reflexadas nos libros que escribíu e que están na nosa biblioteca. Comezou as historias, agora só falta que vós as rematedes lendo eses libros.

Amosóunos o truco infalible de cómo inventalas... ese truco que lle podía valer a aqueles rapaces e rapazas que non saben qué escribir cando teñen como traballo da escola compoñer unha historia. ¿Qué pasaría se...? Ese é o truco. ¿Qué pasaría se alguén se puidese levantar do chan polo aire...? Así foi como comezou "Cos pés no aire", un dos seus libros.

Ensinóunos a súa libreta de páxinas amarelas de papel satinado onde escribe os primeiros borradores dos seus libros... de corrido, sen pausa. Ao igual que auga corre polas canles, así esvara a súa man por ese papel amarelo e satinado cando escribe.....

Houbo tempo tamén para as preguntas e, como non, asinou os libros daqueles alumnos e alumnas que llo solicitaron e, por suposto, tamén o da biblioteca.



26 may. 2008

Preparando a visita de Agustín Fernández Paz

Mañá estará na nosa biblioteca Agustín Fernández Paz. Os alumnos de 4º e 5º leron este curso un dos seus libros, "A escola dos piratas", e agardan a súa visita con moita ilusión.






Unhas alumnas de 4º A, Alexia, Elena, Judit e Vanesa, prepararon o seguinte acróstico co seu nome.

Alegría hay en tus libros, que nos hacen imaginar lo que puede pasar.

Genial eres cuando te pones a pensar las historias que algún día escribirás.

Utilizas sentimientos que tienes y con ellos dices lo que sientes.

Sueñas que estás en una nube dorada y te salen bellas palabras.

Trabajas con la imaginación para que todos nosotros podamos disfrutar.

Ílusionas a los niños con tus libros que siempre nos hacen soñar.

Nunca dejes de pensar lo que a nosotros nos ha de gustar.


Para informarte sobre a súa vida e obra pincha aquí.

21 may. 2008

Cristina, de 5º B, recoméndanos...

Os libros son unha fonte de sabedoría. Hai distintas clases de libros: de amor, de poemas, de animais, de coches, de contos, de teatro, tebeos...hai libros de tódolos tipos. Os que máis me gustan son os de aventuras; cando os leo paréceme que son eu a protagonista. Neles hai moitos tipos de aventuras coma os de piratas, de alieníxenas, de fadas, de gnomos, de animais... e para tódolos gustos e idades.



"Valeira Varita: Enredos mágicos" é o libro que máis me gustou. Fala dunha fada que está preocupada polas súas amigas porque lles suceden cousas moi raras. Decide usar a súa máxia e entón a fada madriña castigaa con copias. Cando remata, ela máis as súas amigas, empezan a facer maxia.







"Regreso al reino de la fantasía, de Gerónimo Stilton" tamén é un libro que me gusta. É fermoso e está cheo de aventuras e misterio.



A min, de pequena, non me gustaba ler, pero agora ¡¡¡ divírtome!!! É cuestión de botarte a ler... e axiña lle collerás gusto, e se tes fortuna nunca te abandonará todo o mundo dos libros.

20 may. 2008

"Tristán, cara de can", interpretado por "Elefante elegante"





O grupo de mimo "Elefante elegante", incluído nos "Circuitos culturais" concertados polo Concello de A Coruña, estivo hoxe no noso colexio. Reunidos no ximnasio os alumnos de 1º a 4º disfrutaron desta magnífica interpretación mímica, "Tristán, cara de can", unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados.

Conta a historia de Tristán, un home que parece un can. Un día, de tan triste que estaba, decide vivir sen corazón e dállo a un paxaro que o leva moi lonxe de alí. Tristán pasa os días, "ladrando" e desconfiado, sen que o máis pequeno sorriso se debuxe nos seus beizos.

Pero a historia non remata así...

Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha fermosa boneca de trapo que vai intentalo todo para facelo sorrir.

Despois de mil voltas e reviravoltas, a boneca de trapo consegue o corazón de Tristán e a historia remata ás mil maravillas, cun beso tenro e amoroso.

Velaquí unha anaco do tema.

TRISTAN

19 may. 2008

Día das Letras Galegas 2008

Hoxe celebramos no colexio o Día das Letras Galegas. Por grupos, os alumnos de todo o colexio baixaron á biblioteca para facer unha homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez recordando a súa vida e a súa obra.

Os actos, organizados polo equipo de Normalización Lingüística, tiveron como protagonistas a tódolos alumnos e alumnas do colexio que participaron recitnado poemas: Arco da vella, O año pitaño, Voa maruxiña, Durme neniña, Foguetes, A cometa, Tres avelaíñas, ... e tamén expoñeron os seus traballos plásticos.

Aquí tedes unha mostra do que se fixo
.


17 may. 2008

Falan de nós nunha revista, Tempos novos.Unha reflexión no Día das Letras Galegas

Unha compañeira tróuxome onte o sumplemnto dunha revista, Tempos novos, á que está suscrita, e contábame que alí estaba o noso blog...., un artigo sobre o noso blog "Nenos, libros e rede pódense entender".

Cando eu barruntaba se este blog sería ou non lido por alguén, atópome con que alguén, dunha revista, fixóuse nel.
Ás veces téntame unha idea, a de comprobar se segue merecendo a pena escribir e publicar no blog ou, pola contra, deixar de ser unha "pringá" e adicar o meu tempo a outros menesteres máis productivos. Pensaba no Antigo Testamento cando Abraham intercede por Sodoma e Gomorra...
-¿e se houbese 50 xustos, 40, 30, ...10 xustos?
-Non destruiría a cidade..., respóndelle Deus.
¿E se houbese... cántos que lesen o blog?...
Case que prefiro non facer a proba...

Simplemente me digo que ésta é unha boa ferramenta de traballo para comunicar, para compartir, para amosar á comunidade educativa o que acontece dentro e tamén fóra, é un espazo onde aprender e ensinar, ou simplemente unha ferramenta para ordenar e ter organizado o traballo realizado...

O citado artigo fala de que somos un oasis no medio do deserto. Gustaríame aquí solidarizarme cos meus compañeiros das bibliotecas escolares galegas e apuntar que xa neste momento hai 74 ,ou quizáis xa máis, oasis neste deserto... e que cada vez seremos máis.

O citado artigo, aparte de poñernos como unha boa mostra de que "non está todo perdido nisto dos libros e os nenos", somos "un bo exemplo de algo preocupante: aínda que o galego é a lingua do blog, non acontece o mesmo coa ampla maioría dos traballos escolares que alí se mostran". E invítanos á reflexión...

Pois, ben, neste Día das Letras Galegas, eu reflexionarei sobre ese punto, aínda que non en voz alta... Deixo aí tamén esa cuestión para que cada quén pense o que queira e rectifique o que considere... Agora ben, a min tamén me preocuparía que nenos castelán falantes escribisen no blog todo en galego. O obradoiro de escritura neste blog, de momento, é voluntario e os alumnos deste colexio escriben na lingua que queren.
Outro tema sería qué facemos nós pola inmersión do galego...

16 may. 2008

O Ciclo inicial na biblioteca con Benxamín

O pasado mércores, día 14, os alumnos de 2º e, hoxe, os de 1º estiveron na biblioteca do centro asistindo a unha sesión de contacontos con Benxamín, un animador que mantivo aos alumnos e alumnas moi atentos e encantados coa a actividade. Houbo contos, ilustracións, cancións e moita, moita participación...



13 may. 2008

"Contamos coa Ciencia": Alfred Nobel, por 6º B

Traballos realizados por 6º B en relación ao tema de fomento de lectura deste ano no colexio, "Contamos coa ciencia". Este curso realizou traballos sobre Alfred Nobel, inventor da dinamita e fundador dos premios Nóbel.

3º B no Festival do Conto

Os alumnos de 3º B recitaron uns "contos poéticos"

Había unha vez... (autora: Ana Mª Fernández)

Había unha vez dous ratos ratiños
que ían á cama durmir moi cansiños.

E aínda que o sono andaba a roldar,
querían un conto para ben soñar.

Marcharon saltando coma dous coellos
buscar quen contase un conto de vellos.

Pedíronlle así ao lobo lobato
que andaba no monte gastando o zapato.

-Non son eu conteiro nin o quero ser,
que aos meus lobatiños hei dar de comer.

E foron saltando coma dúas norias
buscar quen lle dese sabor a unha historia.

Pedíronlle así ao galo manchado
que andaba moi guapo co rabo emplumado.

-Non son eu quirico que saiba contar
pois teño o traballo de o sol espertar.

Pero os irmanciños, aínda que miúdos
sabían, ás veces, pedir moi teimudos.

E foron á présa nun puro brinquedo
buscar un contiño de risa ou de medo.

Pedíronlle así á vaca marela
que andaba pacendo na rica macela.

-A min non me importan nin falas nin berros
que vou cara á corte coidar os becerros.

E foron saltando, como nunca vistes,
buscar quen contase un conto de chistes.

Pedíronlle entón ao branco cabalo
que andaba no monte saltando o valado.

E dixo o cabalo de patas lixeiras:
-Deixádeme andar co vento ás carreiras.

Tan fartos , tan fartos ían de pedir,
que os ratos ratiños fóronse durmir.

E chegou o avó cun libro enmeigado,
contóulles un conto sabor de xeado,
xeado de nata inchado e celmoso,
aquel conto foi ¡o máis saboroso!




A cidade ( Autor: Manuel Fernández)

A cidade ten castelo
e muralla medieval
o museo ¡hai que velo!
e unha rúa principal.

Nos cruces e bocarrúas
hai un home ben plantado:
¡ o Señor Garda de Tráfico
moi teso e uniformado!

Sempre firme, brazo en alto,
brazo abaixo sinalando
os autos que están parados,
os autos que van andando.

O semáforo é un couso
medio garda, medio guía,
medio monstro, medio espía.

As árbores da cidade
non teñen contentamento:
¡respiran fume e non aire!
¡Por terra teñen cemento!!

12 may. 2008

III Olimpíada do saber


Hoxe comezamos a III Olimpíada do saber. Un reto para un alto porcentaxe de alumnos de 4º a 6º que se inscribiron neste concurso onde se pon a proba a súa destreza na utilización das fontes de información, o seu inxenio, a súa inventiva e a súa capacidade de traballar en grupo.


O Concurso dura 3 semanas e consta das seguintes probas:


A PREGUNTA DO DÍA
· Cada día, de luns a xoves, publicarase unha pregunta.
· Os equipos terán 24 horas para respostala.
· Poderán consultar calquer libro. Os/as profesores/as non poderán resolverlles a pregunta.
· O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca, antes das 12.00 h do día seguinte á súa publicación, gañará 1 punto

O PREGUNTÓN DO VENRES
· Poñerase no taboleiro da biblioteca cada venres, ás 11: 30, e consistirá nun enigma que teredes que resolver antes das 12: 00 h. do martes seguinte.
· Os equipos que o resolvan no prazo previsto gañarán 5 puntos.
· Se non o acertan non se descontan puntos
· Cada venres un membro do equipo recollerá na biblioteca un folio co enigma.

O PISTA A PISTA
· Dura de luns a venres.
· Póñense en xogo 5 puntos.
· Cada día publicarase unha pista.
· Se acertas o primeiro día gañas a totalidade dos puntos pero a medida que se van dando pistas, por cada unha delas, descóntase 1 punto.
· Cada equipo pode responder unha vez por cada pista. A última resposta anula as anteriores.
· Se non se acerta non se restan puntos.

A APOSTA DA SEMANA
· Dura de luns a venres.
· Consistirá nunha pregunta de inxenio.
· Están en xogo 3 puntos.
· Se acertades a resposta sumades 3 puntos pero se a fallades restades 3 puntos.
Só será admitida unha resposta por equipo. Unha vez
dada a resposta non se admitirán máis.


8 may. 2008

3º A no Festival do Conto

Os alumnos de 3ºA cantaron un romance de cego no festival:








-Ábreme a portiña
ábreme o posigo
dáme do teu lenzo
¡ai meu ben!
que veño ferido.






-Pois se vés ferido
vés a mala hora
que as miñas portiñas
¡ai meu ben!
non se abren agora.




-Abre, ai, Rosiña
colle pan e viño
e dille o triste cego
¡ai meu ben!
que siga o camiño.






-Non quero o seu pan
tampocuco o seu viño,
quero que Rosiña
¡ai meu ben!
me ensine o camiño.






-Colle, ai, Rosiña
o lenzo e o liño
vén co triste cego
¡ai meu ben!
móstralle o camiño.






-Eu non che son cego
nin Deus o permita.
Sonche o Conde Alberte
¡ai meu ben!
que te pretendía.

7 may. 2008

1º B no Festival do Conto


-Ola! Son Ahinoa
e monto en canoa.

-¡Hola! Soy Manuel
y te regalo un clavel.

-Ola! Son Naír
e gústame durmir
.

-¡Hola! Soy Pablo
y juego en el establo.

-Ola! Son Manuel
e gústame o mel.

-¡Hola! Soy Antía
y me gusta la sandía.

-Ola! Son Isidro
e reciclo o vidro.

-¡Hola! Soy Jacqueline
y toco el violín.

-Ola! Son Ahinoa
e monto en canoa.

-¡Hola! Soy Manuel
y te regalo un clavel.

-Ola! Son Marina
e toco a ocarina.

-¡Hola! Soy Juan
y me como un flan.

-Ola! Son Uxía
e veño de Muxía
.

-¡Hola! Soy Marina
y me mancho de harina.

-Ola! Son Manuel
e veño de Teruel.

-¡Hola! Soy Martín
y tengo un monopatín.

-Ola! Son Sara
e píntome na cara.

-¡Hola! Soy Aarón
y tengo un balón.

-Ola! Son María
e paseo pola ría.

-¡Hola! Soy Pablo
y no escucho cuando hablo.

-Ola! Son Sonia
e veño de Letonia.


-¡Hola! Soy Sheila
y bailo en la leila.

-Ola! Son Nerea
e xogo na area.

-¡Hola! Soy Rubén
y vengo de Jaén.

-Ola! Son Francisco
e gústame o marisco.

Esperamos que os gustasen
estos pareados.
Los hicimos con cariño
para vosotros, con agrado.

6 may. 2008

2º B no Festival do Conto



Os alumnos de 2º B participaron no festival organizando un xogo:

"En abril, adiviñas mil".

O xogo consistía en que o público debía resolver unhas adiviñas e un "se abre el telón", inventado todo por eles mesmos. Para axudarlle ao público fixeron uns carteis.

¿Que cama ten o león
que cambia de cor?

¿Será... o sofá, a leoa ou o camaleón?

Son redondiña
teño os cornos ao revés.
Cando os xunto, redondiña
como un queixo quedarei.
¿Quen son?

¿Será... o sol, a lúa ou o touro?

Se vou en avión
vou de primeira,
se vou en bicicleta,
dándolle ao pedal,
vou ao final.
¿Quen son?

¿Será... a letra "a", a cola dun avión ou o manillar dunha bici?

Teño agullas pero non pincho.
Teño números pero non conto.
Podo ruxir como un león
e cantar como un gorrión.
¿Quen son?

¿Será... un paxaro, unha agulla de pinchar ou un reloxo?

Se abre el telón. Aparece Papá Noel que está repartiendo juguetes. De repente, todos los juguetes empiezan a hacerle cosquillas y a bajarle los pantalones y a darle chaparretas.
Se cierra el telón.
¿Cómo se titula la película?

¿Será... "Santa Claus 3", "Pesadilla antes de Navidad" o "Los supersabuesos en Navidad"?


E co Papa Noel
como final
para todos vos.

"En abril trabalinguas, adiviñas, contos, poesías, mil"
"En abril, libros
mil"


5 may. 2008

Educación Infantil no Festival do Conto

Os alumnos de Educación Infantil de 4 anos participaron no festival con estas adiviñas:



Unha señoriña,
de carnes moi brandas
que sen estar enferma
está sempre na cama.

Empezo por "i"
remato por "a"
e pódesme ver
no medio do mar.

Te digo
e te repito
se non o acertas
non vales un pito.

Redondo, redondo
como a lúa
e podo bailalo
coa cintura.

Todos din que me queren
para facer boas xogadas
pero cando me teñen
andan comigo a patadas.

Aínda que teño patas
non me podo mover
levo a comida as costas
e non a podo comer.


Teño o corpo alongado,
en dúas cunchas colocado;
como non podo nadar
vivo nas rochas do mar
.

Teño orellas longas,
rabo pequeniño
corro e salto
moi lixeiriño.


Os alumnos de Educación Infanti de 5 anos cantaron marabillosamente estas cantigas:




Miña nai e maila túa,
van xuntas de romaría;
miña nai vai de mantón,
a túa vai de mantilla.

Aí veñen, aí veñen,
aí veñen, aí van
sardiñas fresquiñas
das tres da mañán
das tres da mañán (bis)
Aí veñen, aí veñen,
aí veñen, aí van

Rosiña anda descalza,
Rosiña porque quería;
da casa do carpinteiro,
Rosiña ben o sabía.

Aí veñen, aí veñen...

Arrimeime a un pino verde,
por ver se me consolaba;
o pino como era verde,
en vez de cantar choraba.


Aí veñen, aí veñen...

Miña Santa Margarida,
este ano aló non vou;
por falta de diñeiro,
moita xentiña quedou
.

Aí veñen, aí veñen...