Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

7 mar. 2008

Joan Manuel Gisbert na nosa biblioteca

Os alumnos de 4º, 5º e 6º, xunto cos profes reunímonos hoxe na biblioteca para achegarnos e coñecer un pouco mellor ao autor de "Misteriosos regalos de la noche" e "Leyendas del planeta Thamyris", libros que leron os alumnos de 4º e 6º respectivamente.

Un encontro cheo de dinamismo, humor e intriga... A participación do alumnado tanto nas respostas requeridas como nas preguntas ao autor fixo que todos saíesen con ganas de máis...

Tódolos alumnos tiveron a oportunidade de que Joan Manuel lles firmase o seu libro que, de seguro, relerán e recordarán con moito cariño.

Agradecemos a Joan Manuel Gisbert o tempo que nos adicou e, como non, os seus libros...


No hay comentarios: