Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

6 mar. 2008

"As Científicas da semana": unha entrevista a Alexia e Antía de 4º A



A semana pasada Alexia e Antía, de 4ºA, resultaron gañadoras no concurso de "Científicos da semana" co seu traballo titulado ¡Un juego de nervios!, un traballo realmente estupendo. Teño que dicir que realmente foi un reto para elas, porque cando lles dixen que o libro que levaban tiña demasiado nivel para elas, non se rendiron, levaron o libro de experimentos e lograron facer o traballo. Noraboa!!

As reporteiras da semana son Andrea Candal e Anahir de 5º B, que traballaron con moita profesionalidade. Felicitacións tamén para elas!!

Esta é a entrevista:


Estamos na fermosa biblioteca do noso colexio Wenceslao Fernández Flórez con Alexia e Antía de 4º A e co seu traballo que, por certo, ...¡encántanos!


É moi interesante e divertido. Vímolo na exposición da biblioteca e, a raíz diso, como nos gustou tanto, queriamos saber algo máis del. ¿Poderiades contestarnos a algunhas preguntas?

Preguntaremos primeiro a Alexia:

-¿Para qué serve o voso experimento?
-É un invento que serve para divertirse

-¿Qué materiais fan falta para facelo?
-Papel charol, papel pinocho, papel normal, unha palliña, cables, unha bombilla, unha pila, unha caixa, un arame e un portalámpadas.

-Gustaríanos que nos dixerades como vos xurdíu a idea...
-Mirando nun libro da biblioteca -explica Alexia rindo.

-¿Cánto tempo vos levou facelo?
-Dous días.

-¿Axudouvos algún adulto ou fixéstelo vós soas?
-Sí, o pai de Antía e o meu primo.

-¿Parécevos unha actividade interesante?
-Sí -contesta Alexia contenta.

-Todas as gañadoras anteriores foron alumnas de 6º, as maiores do colexio. ¿Pensabades que tiñades oportunidades para gañar?
-Non pensabamos que íamos ter oportunidades para gañar -responde.

-¿Seguiredes intentando ser "científicas da semana"?
- Sí -contestaron as dúas á vez.

-¿Estariades dispostas a facernos unha demostración?
-Sí, pero despois -contestaron as dúas.

Agora preguntaremos a Antía...

-¿Cómo vos sentides ao ser "Científicas da semana"?
-Sentímonos moi orgullosas de selo -contestou Antía moi ufana.

-¿En qué consiste o experimento?
-Consiste en pasar un bucle de arame por outro arame. Se tocas acéndese a luceciña do nariz
.

-¿O material é fácil ou difícil de encontrar?
-Foi bastante fácil.

-¿Cómo se titula o libro que utilizástedes para facelo?
-Taller de ciencia e electricidade -contestou Antía superorgullosa...


-¿É fácil ou difícil facer o voso experimento?
-Fácil.

-Fixéstedes o invento pero...¿probástedes a pasar o arame sen que se acendera a luz?
-Sí, toquei a primeira vez -respondeu Alexia moi nerviosa.


-Contádenos qué parte vos resultou máis difícil e cál máis sinxela...
-A parte máis difícil foi colocar os arames na bombilla...


-¿Parécevos que as actividades da biblioteca son interesantes?
-Sí, moito -dixo Antía moi contenta.


-¿Cál é o voso invento favorito? ¿e o máis importante para a humanidade?
-A bombilla e a electricidade.

-¿Queredes engadir algo?
-Gustounos moito facer este traballo.


Reporteiras:
Anahir Franco e Andrea Candal, de 5º B

No hay comentarios: