Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

27 feb. 2008

Un encontro inolvidable

Hoxe tivemos con nós a Fina Casalderrey na biblioteca. Os alumnos de 5º e 6º, moi preto de cen rapaces e rapazas, xunto cos seus profesores reunímonos na biblioteca para acercarnos a ésta profesional da literatura infantil e xuvenil e á súa obra. Algúns xa estiveran con ela o curso pasado, pero non por iso, resultou menos expectante e atractivo o encontro.

Fina, coma sempre, fixo que nos achegásemos ao mundo dos libros: intriga, tenrura, achegamento a realidades que, a pesar da súa crudeza, ela é quen de abordalas e facelas chegar ao mundo infantil... historias da súa infancia que tiveron eco nos seus libros, historias que teñen moito do que ela é..
Como ela mesma nos dixo ao comezo, cando sacou a chaqueta porque facía calor...

- Vou facer un " striptease"... pero da alma- e así o sentimos nós. Coñecemos un pouco máis de Fina e un pouco máis das súas historias...

En definita, un momento inolvidable.

Este curso os alumnos de 6º leron "A lagoa das nenas mudas", e tiveron a oportunidade de escoitar da propia autora todo aquilo que lles interesaba coñecer de primeira man...

Finalmente, todos tivestes a oportunidade de que vos firmase o voso libro.

Dende aquí, querémoslle agradecer o tempo que pasou con nós, que ademais viña un pouquiño enferma, coa súa voz algo "tomada", e tamén agradecerlle a súa obra, que tanto nos fai disfrutar.





Deixaremos unha tempada un "stand" cos libros de Fina Casalderrey para que os poidades levar en préstamo e disfrutar da súa lectura.

No hay comentarios: