Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

5 feb. 2008

A maxia da ciencia


Terminamos a primeira parte de "Contamos coa Ciencia", tema que estamos a desenvolver durante todo este ano para o fomento da lectura e busca de información no noso colexio.

Nesta primeira parte titulada "Grazas a..." na que traballástedes sobre os inventos e inventores, temos recollido tódolos vosos traballos cos que faremos un libro que quedará na biblioteca.




A segunda parte titúlase "A maxia da ciencia. Nós tamén experimentamos...", na que poñeremos en xogo o voso inxenio, capacidade de observación e espírito científico.

Continuaremos coas catro partes que xa faciamos cos inventos e inventores e que podes atopar na sección de "novas" dentro da páxina web da biblioteca:

  • Sabías que...?
  • As preguntas da semana
  • A prensa e a ciencia
  • Relatos científicos ou de ciencia ficción

Ademais, cada semana dedicarémola a un tipo de experimentos.
Esta primeira semana traballaremos os experimentos que estean relacionados coa auga. Xa tedes no taboleiro o primeiro experimento. A partir de aquí e ata o venres, día 15, recompilaremos os vosos traballos.
Deses traballos elixiremos un, o mellor presentado ou o máis interesante, e nomearemos "Científico da semana" ao seu autor. Uns reporteiros da biblioteca serán os encargados de facerlle unha entrevista que será publicada na web, e ademais recibirá un agasallo.

Tódalas semanas, dende a biblioteca, amosaremos un primeiro experimento sobre un tema, e a partir de aí podedes presentar os traballos de experimentos sobre ese tema.
Ao final desta segunda parte,na semana anterior ás vacacións de Semana Santa, farase unha demostración dos experimentos presentados podendo asistir por grupos tódolos alumnos do colexio.

Nas próximas semanas poderedes tamén asitir á exposición de material de laboratorio e ciencias que faremos nun espazo anexo á biblioteca.

Ah, e xa sabedes..., tódolos alumnos que realicen traballos ben presentados, recibirán bibliobonos.



No hay comentarios: