Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

2 feb. 2008

Celebración do Día da Paz

Nos días previos á data da conmemoración, en tódolos cursos fomos preparando esa data tan importante; importante, non porque ese día sexa especial, porque tódolos días son especiais, únicos e irrepetibles, senón porque o que queriamos poñer de manifesto é, precisamente, aquilo que realmente debe impregnar todos e cada un deses días especiais da nosa vida, a Paz.

Ao longo da semana, na Biblioteca, poidemos reflexionar e cantar grazas aos karaokes que foron aportando as persoas que participan na rede de blogs das Bibliotecas escolares de Galicia, a quen lles agradecemos o seu traballo e a súa xenerodiade.

Enchimos a árbore da paz cos libros que construístedes cos vosos desexos de paz, con contos, poemas, acrósticos...

José Luis, do departamento de orientación , preparounos dúas presentacións en power point para ver o día da Paz: unha cun karaoke da canción "Sólo le pido a Dios" e que cantastes marabillosamente no patio e outra con aquelas frases e imaxes tan fermosas que nos permitiron a todos descubrir que non estamos sós, que hai moita xente que, coma nós, loita pola paz.



No hay comentarios: