Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

20 ene. 2008

Pola Paz (I)

O día 30 celébrase o DÍA DA PAZ.
Dende o noso blog unímonos ás iniciativas dos blogues das bibliotecas escolares de Galicia (un traballo en equipo realizado por docentes de varias bibliotecas).

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro.



video

4 comentarios:

Judit y Elena 4ºA dijo...

La canción es muy bonita, me gustaron mucho las imagenes porque tratan del día de la paz. La letra es tan bonita tanto en inglés como en gallego

Anónimo dijo...

Las fotos son bastante bonitas

Lucia 4ºA dijo...

Me encanta la cancion y como va sobrela paz aun mejor.

carlos y pablo4ºA dijo...

es muy bonita y chula