Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

26 ene. 2008

Os profes en prácticas axudando na biblioteca

O xoves comezaron as prácticas os alumnos que se están preparando para ser futuros mestres. Os de Educación Física... ¡xa se uniron ao noso traballo na biblioteca! ¡Qué sorte que temos...!

Axudaron a disfrazar ao noso "Fernando Alonso" (unha maqueta cedida por unha entidade bancaria que disfrazamos segundo nos interese); xa o vestíramos de rei mago por Nadal, pero agora disfrazámolo de "Mahatma" Gandhi portando un cartel onde el mesmo nos explica por qué se elixíu o día 30 de xaneiro para conmemorar o día da Paz.

Tamén colaboraron na elaboración dunha árbore núa, a Árbore da Paz, que se encherá con follas, coma tódalas árbores ... pero neste caso con follas de libros que serán elaborados polos distintos cursos cos desexos de paz de todos e cada un dos nenos e nenas do colexio.

E como non... Tamén puxemos un stand coas lecturas relacionadas coa paz. Podes ver os libros no club de lectura.
Pincha na foto que che interese se queres que se deteña e volve a pinchar para pasar páxina.




No hay comentarios: