Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

16 dic. 2007

Estreamos blog e páxina web


Despois de moito pelexar, e con moitos atrancos, conseguimos modificar a nosa antiga páxina web e, como non, despois de ver como funcionan os blogs, decidímos mergullarnos nesta valiosa ferramenta, sen grandes pretensións, xa que temos moito por aprender, pero sí con moita ilusión.

Esperamos que tanto a páxina como o blog vos sirvan de axuda a tódolos membros da comunidade educativa: pais, profes e alumnos.

A páxina web da biblioteca ten un contido de tipo informativo e instructivo para os usuarios da mesma. Pretende ser tamén un medio de expresión para dar a coñecer as vosas creacións literarias e un recurso para facilitar a busca de información a través da selección de páxinas enlazadas á CDU. Na sección de novas aparecerán as sección fixas de "Contamos coa ciencia", lema deste ano para o fomento da lectura no noso cole, e outras novas na biblioteca, nas que vós sodes os protagonistas.

Con respecto ao blog, pretendemos que sexa unha ferramenta máis dinámica, con aportacións de tipo externo e máis interactiva pola súa facilidade para incorporar comentarios. Todo o que atopemos de interese, comunicarémosvolo por esta canle. Tamén terá dúas seccións fixas: o club de lectura e o obradoiro de escritura.

Esperemos que sexa do voso agrado e de utilidade.

4 comentarios:

Ana Varela 6ºB dijo...

Me gustó mucho el poema del camello cojito.La página entera es muy interesante y las fotos me encantan

Yoli dijo...

Felicidades por conseguir modificar a antigua paxina web.
Me gusta mucho.

Uxia dijo...

felicidades por el blog . ¡muy bien maria jose ¡ os a quedado muy bonito

Sara Varela 6ºB dijo...

Vuestra pagina esta genial,al igual que todas las fotos.