Wences-leo, un lugar de encontro. Mergúllate nun mar de libros. Aprende e disfruta. Opina. Deixa os teus comentarios

23 dic. 2007

Unha postal moi doce

Ana, de 2º B, participou na exposición de postais de Nadal cunha postal navideña moi, pero que moi doce, á vez que moi orixinal. Puxémola moi preto do portal de Belén e, día a día, desaparecía un anaco de estrela (feita con "lacasitos") ou de boneco de neve ( feito con "nubes e regaliz").

Non sei se os trasnos, ou quizáis o Neno Xesús, que tal vez sexa moi larpeiriño, serían os que facían das súas polas noites. Fóse quen fóse, esperemos que lle sente ben.
Ana volvéunos facer outra postal para que vos amosaramos a todos.
Qué chula!... e qué rica! Mmmm...!





Bo Nadal a todos!

20 dic. 2007

O himno galego cumpre 100 anos



O himno galego cumpre 100 anos de vida. O autor da letra é Eduardo Pondal e o da súa música, Pascual Veiga.





Letra do Himno Galego

¿Qué din os rumorosos na costa verdecente,
ó raio transparentedo prácido luar?
¿ Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
- " Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encoro;
esperta do teu sono,
Fogar de Breogán.

Nacemento do hino galego (1/2)

Historia do nacemento do himno galego

Nacemento do hino galego (2/2)

Música do himno galego conmemorando os 100 anos de vida...

17 dic. 2007

Unha postal con premio

Lucas Meilán Otero de 6ºA obtivo un primeiro premio no Concurso de debuxo infantil organizado polo Porto de A Coruña. Noraboa, Lucas!




Que todas as túas ilusións e esperanzas cheguen a bo porto.
Que todas tus ilusiones y esperanzas lleguen a buen puerto.
May all your wishes and hopes come true.


16 dic. 2007

Chega o Nadal

Xa está cerca o Nadal e as vacacións. Esta semana xunto coas notas, recibiredes unha guía de lectura.

Como veñen os Reis, non vos esquezades de pedirlle algún libro, así que, se todavía non lles escribistes a carta, xa é tempo de facelo. E, se xa o fixestes, non vos preocupedes, mandádelle unha misiva urxente anontándolle algún libriño da guía ou mesmo a guía enteira para que eles elixan.

Se queres ver a guía consulta a sección de guías dentro da páxina web.

Na guía podes ver esta poesía de Gloria Fuertes.


El camello cojito

El camello se pinchó
en un cardo del camino
y el mecánico Melchor
le dio vino.

Baltasar fue a... repostar,
más allá del quinto pino...
e intranquilo el gran Melchor
consultaba su "Longinos".

-¡No llegamos, no llegamos
y el Santo Parto ha venido!
-Son las doce y tres minutos
y tres reyes se han perdido.

El camello cojeando,
más medio muerto que vivo,
va despeluchando su felpa
entre los troncos de olivos.

Acercándose a Gaspar,
Melchor le dijo al oído:
-¡Vaya birria de camello
que en Oriente te han vendido!

A la entrada de Belén
al camello le dio hipo.
¡Ay qué tristeza tan grande
en su belfo y en su tipo!

Se iba cayendo la mirra
a lo largo del camino,
Baltasar lleva los cofres,
Melchor empujaba al bicho.

Y a las tantas ya del alba
-ya cantaban pajarillos-,
los tres reyes se quedaron
boquiabiertos e indecisos,
oyendo hablar como a un Hombre
a un Niño recién nacido.

-No quiero oro ni incienso
ni estos tesoros tan fríos,
quiero al camello,
le quiero, le quiero
-repitió el Niño.

A pie vuelven los tres reyes
cabizbajos y afligidos,
mientras el camello echado,
le hace cosquillas al Niño.

Un día no recreo dos pequenos


Cool Slideshows

Estreamos blog e páxina web


Despois de moito pelexar, e con moitos atrancos, conseguimos modificar a nosa antiga páxina web e, como non, despois de ver como funcionan os blogs, decidímos mergullarnos nesta valiosa ferramenta, sen grandes pretensións, xa que temos moito por aprender, pero sí con moita ilusión.

Esperamos que tanto a páxina como o blog vos sirvan de axuda a tódolos membros da comunidade educativa: pais, profes e alumnos.

A páxina web da biblioteca ten un contido de tipo informativo e instructivo para os usuarios da mesma. Pretende ser tamén un medio de expresión para dar a coñecer as vosas creacións literarias e un recurso para facilitar a busca de información a través da selección de páxinas enlazadas á CDU. Na sección de novas aparecerán as sección fixas de "Contamos coa ciencia", lema deste ano para o fomento da lectura no noso cole, e outras novas na biblioteca, nas que vós sodes os protagonistas.

Con respecto ao blog, pretendemos que sexa unha ferramenta máis dinámica, con aportacións de tipo externo e máis interactiva pola súa facilidade para incorporar comentarios. Todo o que atopemos de interese, comunicarémosvolo por esta canle. Tamén terá dúas seccións fixas: o club de lectura e o obradoiro de escritura.

Esperemos que sexa do voso agrado e de utilidade.